El caldero
Avenidas
Consumamos en paz. Amén.1. Aí vén o nadal, a cidade non tardará en decorarse de puticlub............................................... 2. Todo preparado nos templos do consumo............... 3. Coa colaboración inestimable dos medios de comunicación........................................... 4. Gambas pa todos, manglares saqueados................ 5. Os reis magos estabilizarán unha vez máis a precaria monarquía da máis absoluta tontería sen control........ 6. Búscanse operarios para traballo temporal,tanto ten a súa cualificación...................................... 7. Ofértase xornada esgotadora, despregue físico, anulación mental, desintegración espiritual, soldo adecuado á terapia masiva de crise..................... 8. Non se necesita experiencia......................... 9. Sáfate como poidas.................................. Non desesperemos.............é de mal gusto…
Sara Ares Cambeiro
