pintadaps
LunesMayo21 ,2012
Font Size

Golosinas de gasolina

BAILANDO CON DOGOS

facendo equilibrismos na corda rota
cada pau a rompérseme nas velas
experta en deshaucios
belle de jour non esperta
momento mutante
ata o día en que me perda
nunha gran avenida da gran vida
lazos rotos
paxariñas de satén
delomicións da linguaxe
deburramentos tráxicos
ecos lamentos e laios
incenso categórico imperativo
cumes borrosos
pátina mental
un páramo de amianto preserva zonas vermellas
estátua de cal
hipo eléctrico hipnestesia
hipnoses neónicas
beirarrúas en 4ª conxugación
alta traición tradución
moito mito diñeiro
o mapa da euroescoria
grazas por nada
chove sobre mollado
contas contracorrente
tarxetas de débeda
intereses herdados de xeración en xeración
0.7 de miseria
colectores do colapso
sentimentos recauchutados
o mar é a nosa moto-serra
anxos do demo
e se conduzo eu?
onde quero chegar
só se vai comigo
combustible para a queima do grotesco
limando as perezas
a mente en banco mente
atacadora
amor de neopreno
para que non che dean hipertermias
bicos expansivos de metacrilato
para a túa retina que rema
stop it!
non quero!
sooume o tímpano......tiro os mocos
ámame moito e nunca menos
como me esquezas levas......me
poeira cósmica de estrelas cómicas quero
sintagmas góticos de gozo
cadaleito de ébano
incrustacións en nácara
a esmigallárense entre os teus dedos pequenos
ollo e collo
invento mentiras titiriteiras que alimentan
os ocos de min máis tenros
roubémoslle á cidadenada
o tempo dos semáforos
cando te creo, créote
se che din que caín, creo
teleciclón estático
a ver cando chego a...a....a... malo
non o esquezas.......os rulos son para o verán.

Saraaresinsaraares.blogspot.com

Escribir un comentario

Este sistema facilita la interactividad y suma de pensamiento colectivo. los mensajes cuyo sentido es destruir este principio, son eliminados


Código de seguridad
Refescar