El caldero
Avenidas
Menos miseriaa min tanto che me ten
a min tanto che me dá
quen queira unha empanada
que se poña a amasar
-De min nada queres saber?
-pois que lle imos facer!
a min tanto che me dá
quen queira unha empanada
que se poña a amasar
-De min nada queres saber?
-pois que lle imos facer!
- Que non me queres falar?
- pois non me fales!
-Que queres que che deixe en paz?
- pois aí quedas!
-Que queres trato comigo?
-pois dío claramente!
e déixate de cafés!
-Que queres contar a túa historia?
-pois cóntaa!
-Que queres contat ata cen?
-pois conta tamén!
-Que queres perderme de vista?
- pois ata logo!
-Que non sabes o que queres?
-pois ti me dirás!
-Que tes medo?
- pois bótate a chorar!
-Que non tes?
- pois adiante!
-Que te estás volvendo virollo?
- a ver, a ver!
-Que che pican os piollos?
- pois raña!
- Que estás doente!
-pois vaite curar!
- Que che doen as moas?
- pois vainas sacar!
- Que che persigue alguén malo?
- pois dálle!
- Que estás feito un lío?
- pois desenlíate
-Que estás todo o día a ouvear?
-pois ladra para variar!
-Que queres nadar?
- pois bótate á auga!
-Que non podes durmir?
-pois conta ovelliñas!
-Que non fas máis que dar voltas?
-pois para a descansar!
-Que tes fame e queres comer?
-pois ala!
-Que queres ser o que eras?
-imposible!
-Que queres dar marcha atrás?
-non se pode! e que aínda non caíches que aos sitios onde estivemos xa non se pode volver?
-Que non encontras o teu sitio?
-pois invéntao!
-Que tampouco paras na cama?
- pois bótate a correr!
-Que te cansas?
- pois descansa!
-Que queres viaxar?
- pois dá a volta ao mundo!
-Que non queres ir só?
-pois dillo a alguén!
-Que queres ligar con alguén?
- pois faillo saber!
-Que che dá vergoña?
- pois que llo diga da túa parte alguén!
-Que xa non te tes?
- pois tente!
-Que botas en falta alguén?
- pois busca xente!
-Que todos pasa de ti?
-pois pasa ti deles!
-Que non dás con quen falar?
- pois fala comigo!
- pois fala só se o prefires!
-Que non che queda pan fresco?
- pois cómeo reseso!
-Que tes sede?
- pois bebe!
-Que todos te queren mal?
- pois quéreos ti ben, xa verás que amolados quedan!
-Que estás enfadado?
- pois tes dous traballos!
-Que non tes diñeiro?
- pois atraca un banco!
-Que non tes tarxeta do cortinglés?
- pois non vaias alí!
- Que te sentes oprimido?
- pois descomprímete!
-Que te estás volvendo tolo?
- pois dálle corda a un reloxo!
- pois ponte a saltar á corda!
- pois disfrútao!
-Que ris e non podes parar?
- pois non pares!
- Que xa che quedou claro?
- pois que ben!
- pois agardo que te sintas mellor!
A idea comunicativa está extraída dun texto de Manuel Uviedo EL JEFE, que me encantou. Cando a desenvolvín en forma de batería de caixóns paseino bomba, rin moito e decateime que, dado que a risa é terapéutica, a poesía podía ter tamén propiedades medicinais. Que mellor sitio para este texto que un prado cheo de herbas salvaxes?
Agardo que lle sirva a alguén para curar as feridas producidas nos tediosos combates contra os vaqueiros.
Vitaminas para todos!
saraares
saraares <orola45(0)hotmail.com>

Comentarios
Segundo, o título está manipulado, o texto titúlase sinxelamente MENOS MISERIA que significa MÁIS AMOR. Farédesme o favor de correxilo?
Terceiro, grazas por publicalo. Aínda que sexa con mutilacións.
creo que ya está bien aun que tengo duda con el título, ya estaba el que indicas.
de todo modo no entiendo lo de manipulado y mutilado, explícame eso.
miguel
¿podria ser?
Gracias de antemano
Apertas e Saude
karlotti
Es inspirador, y multidisciplinar además de curativo. jejeje
O mérito deste texto teno a xente do meu barrio, que conserva moldes expresivos desde tempo inmemorial e o grato costume de responderche sempre que o necesitas.
Motivo polo cal debería circular anónimo.
Suscripción de noticias RSS para comentarios de esta entrada.