El caldero
Avenidas
Narrar cos ollos Os ollos chorarán
sós
A boca pechará
Nun silencio eterno
O ar entrará sen máis
E con el ti
E con el saírás para a miña pena
Abandono
Abondamento
É outra ollada
Viáxase no tempo
O espacio é sempre o mesmo
É o espacio último,
Despois só tempo
Unha bomba retardada de tempo
Destinada a provocar o meu fado
Nunca propicio
Autoanulándome
Punto cero infinito
Despois o abismo de novo
O muro e a súa sombra
O infinito tedio
E o ar raro a aboiar
Ancoramentos do eu
Deixar o pranto fóra
Chorar por dentro
Saloucando
Un novo nó
Eu saudándote
Eu ollándote fuxir
Igualmente
Terror? Non, desespero
Medo? Non, silencio. Silencio sicodélico
Xa nada me doe
A tortura foi anestésica
Nin sinto nin padezo
Eu son a sombra que vixía no centeo
Os xogos dos nenos
Todo, absolutamente todo
Por dentro
Necesito ar
Necesito anularme
No eter que haxa aboiando
aboiar aínda que só sexa nunha nube de bolboretas barolentas
Necesito a túa man
Deséñoa
Lamento non a ter ollado con máis pormenorIZADAMENTE, man de neno
Aléntame un tremor
Mira ti por onde
Funte perder un día branco
Como unha paréntese ridiculamente emocionada
Vento en popa a toda vela
Miña carabela
Cremalleira mellorando
isto significa que se pode facer unha lectura de abaixo para arriba e o resultado vén sendo o mesmo con lixeiras
transformacións semellantes ás que sofre un calcetín cando lle dás a volta.
sara ares cambeiro
sós
A boca pechará
Nun silencio eterno
O ar entrará sen máis
E con el ti
E con el saírás para a miña pena
Abandono
Abondamento
É outra ollada
Viáxase no tempo
O espacio é sempre o mesmo
É o espacio último,
Despois só tempo
Unha bomba retardada de tempo
Destinada a provocar o meu fado
Nunca propicio
Autoanulándome
Punto cero infinito
Despois o abismo de novo
O muro e a súa sombra
O infinito tedio
E o ar raro a aboiar
Ancoramentos do eu
Deixar o pranto fóra
Chorar por dentro
Saloucando
Un novo nó
Eu saudándote
Eu ollándote fuxir
Igualmente
Terror? Non, desespero
Medo? Non, silencio. Silencio sicodélico
Xa nada me doe
A tortura foi anestésica
Nin sinto nin padezo
Eu son a sombra que vixía no centeo
Os xogos dos nenos
Todo, absolutamente todo
Por dentro
Necesito ar
Necesito anularme
No eter que haxa aboiando
aboiar aínda que só sexa nunha nube de bolboretas barolentas
Necesito a túa man
Deséñoa
Lamento non a ter ollado con máis pormenorIZADAMENTE, man de neno
Aléntame un tremor
Mira ti por onde
Funte perder un día branco
Como unha paréntese ridiculamente emocionada
Vento en popa a toda vela
Miña carabela
Cremalleira mellorando
isto significa que se pode facer unha lectura de abaixo para arriba e o resultado vén sendo o mesmo con lixeiras
transformacións semellantes ás que sofre un calcetín cando lle dás a volta.
sara ares cambeiro
