El caldero
Avenidas
Manuel de supervivencia, Lula SoutoPaga a pena facer soños do fastío,
confiar na sorte (de balde),
definirse ceibe, afacéndose as imprecisións,
aos adeuses, á heroicidade de supervivente
de nada.
Paga a pena atragoarse de esperanza,
da necesidade infinda de achegarse
a outro corpo, aínda que quede
o xesto abortado, unha man
acariñando o latexo dun estraño.
Non envellezas de aforrar sorrisos,
non esquezas nada.
Vivir é buscar a cura, finxir
que existe, ventar desenganos
e perfeccionar palabras.
Esfórzate en descoñecer datas e patrias
que tendan pontes á amargura.
Pero non esquezas, non,
as risas regaladas para os tempos difíciles,
as amoras manchando a boca.
Conserva a fe nas treboadas,
nos lóstregos que aboian na ialma.
Andar21
confiar na sorte (de balde),
definirse ceibe, afacéndose as imprecisións,
aos adeuses, á heroicidade de supervivente
de nada.
Paga a pena atragoarse de esperanza,
da necesidade infinda de achegarse
a outro corpo, aínda que quede
o xesto abortado, unha man
acariñando o latexo dun estraño.
Non envellezas de aforrar sorrisos,
non esquezas nada.
Vivir é buscar a cura, finxir
que existe, ventar desenganos
e perfeccionar palabras.
Esfórzate en descoñecer datas e patrias
que tendan pontes á amargura.
Pero non esquezas, non,
as risas regaladas para os tempos difíciles,
as amoras manchando a boca.
Conserva a fe nas treboadas,
nos lóstregos que aboian na ialma.
Andar21
