El caldero
Los rios
Mensaxe dentro dunha botellaMensaxe
nunha
botella
(Só para ti)
O teu sorriso faime ceibe
Porque me libera de min
A túa manía estática
Dáme vida
Alén da vida
A túa navegación impasible incha as velas da miña nave con vento cósmico (e iso que aínda non relumbra a nosa estrela no horizonte finito que podemos albiscar cos nosos limitados micro-telescopios)
Os teus papaventos fan de min rachas de vento toleirón e xogueteiro
As túas mareas vivas fan de min burleus irónicos
As curvaturas da túa voz núa fánseme evidentes e videntes
Na túa onda chego tan lonxe que me dan cambras coa presión do que adoitamos chamar grandes acontecementos.
Un diccionario mundial tenme moi seriamente conmovida porque chego a acadar con el unha total transparencia na linguaxe saturada de signos e metamorfoses
A túa excelencia faime magnánima
A túa inmolación inmólame
O teu amor namórame
A túa ausencia ausénciame
O teu silencio silénciame

A túa presencia presénciame
O teu rechouchío, se me enuncias, entenréceme e arreguízame e ponme preguiceira
A túa voz,se cala, fai de min mudez perplexa
A túa nube cóbreme e ampárame ata o punto que estou empezando a pensar que terei que empezar a afeccionarme aos paraugas de todas as cores
O teu desatino desanóame
O teu pranto móllame
As túas citas textuais enrédanme na malla ancha das paixóns inexploradas
Esta é a miña ofrenda, a que nunca sei a quen darei, receptor-a descoñecida-o
Gárdaa no corazón moi adentro
Gárdame, e, por favor, non afundas
Necesítote tanto como ti a min
Perdoa o meu erro básico de pretender inicialmente quen non entendes
Apaña estes fragmentos de min que che dou de maneira espontánea e natural e emocionada
Se choras desoriéntaste e desoriéntasme
Leme serenamente, chántame no teu corazón e cóidame porque xa estou chegando a onde hai que chegar para tocar, realmente tocar, as xemas con me mimas dende hai xa un gran momento
Nada debes temer
Xa nacín
Asina: A mensaxe mesma
Aurora da Silvaorola45(0)hotmail.comhttp://amarellesbravos.blogspot.com/