pintadaps
LunesMayo21 ,2012
Font Size

Seis poemas para a r-evolución

Seis poemas para a r-evolución

1.balas perdidas

empezamos un xogo sen regras
que coidabamos inocente
e cando nos quixemos dar conta
chovían pedras por todos lados
no noso propio tellado

o máis bonito do conto
é que había un rato e un gato
e ningún dos dous tiñan moi claro
quen era quen
e cando un deles coidaba ter cazado a presa
resultou que a presa tiña uñas retráctiles
coidadosamente pintadas
e quen cazou foi cazado

son cousas que pasan
cando un se pon a pescar
sen rede, nin brinca nin tanza
o peixe pasa, como o río e o tempo

e tamén aconteceu
que eramos de dieta estricta vexetariana
pero o menú diario
acabou sendo a alma do outro
ou sexa, vexetariano-caníbales
e cando o outro se resiste a ser devorado
a imperiosa necesidade de venación
pode derivar
nunha autoantropofaxia
esgotadora

isto por forza require
un desenlace rápido
pois non é nada práctico
dar continuidade
a unha espiral de vergoña disfrazada
de non se sabe que

mandaremos por vía rápida sen peaxe
esta ansia autodevorada
á papeleira de reciclaxe
practicaremos sesión intesivas
de amnesia sen anestesia

estamos seguros que non volverá suceder
nin en mil anos

é o que teñen os milagros

non admiten copias de seguridade
nin moito menos fotocopias


2. CASH(INCURSIÓNS TEMERARIAS EN HIPOCRILANDIA)

produtos en stock para as próximas rebaixas

crocodilos desdentados
mosquitos con chepa plástica
moscóns con tirantes apretados
caimáns carentes de rabia
caracois de baba acelerados
legañas de trapo
ouriol en anestesia
vagalumes apagados
melenas de nabo
rodas sen carro
analistas telepáticos
cardo asfáltico lobotomizado
pílulas de amianto
semáforos dubidando
pasos de pingüín
colapsos
lume estático
cambotas extractoras de pánico
mistos desenxofrados
1 ascensor avariado
1 sombra de goma recauchutada
1 último piso sen relanzo
varandas de lata
aminoácidos varios
formol en descomposición
ollo de cíclope rebentado
regras retortas
1 compás enferruxado
cartabóns para escuadrar escravos
lápises de neón
tinta chinesa transparente
garabatos
garavanzos tráxicos a granel
esvásticas en chapas
sombreiros furados
bolsas de cactus
pinchos pugas alfinetes sen cabeza
de varios tamaños
papel cuché reciclado
bandexas de bicos de esparto
abrazos encebolados a tanto o quilo
sincronías da extorsión
sindicatos
feitos consumados
cadeiras eléctricas que para matar botan anos
mentiras
traición a discreción envolta en papel de regalo
despersonalización
xente obxecto
proxenetas
ningunha verdade
ningún milagro
poucos misterios, todos desvelados
anuncios publicitarios do nada
tiques da compra roubados
entradas de cine americano
fronteiras a tanto e tanto
bichicomas e carunchos de calderilla
fodechinchos estacionais
vitaminas sintéticas con sabor a goma de borrar
enciclopedias con datos atrasados
mapas de estradas bombardeadas
dicionarios en branco
1 garrote vil un casco da 2ª G M
un vinilo raiado
un paquete de deterxente sicoactivo
unha bolsiña de vérmes
tiritas engruñadas
iodo cáustico
alcol rebaixado con detritus
augachirles e outras monadas
entre elas
unha carencia total de engado

marcho do cash co posto
e unha capa de asco


3.
a poesía
vólveseme coiraza
unha coiraza de gasa
unha coiraza de seda
unha coiraza de néboa
para envolver as feridas
deste sol.........enfermo


O AMOR SEMPRE DE VOLTA

O día que un sabe seguro
que se ama a si mesmo
tal como é e tal
como desexa
ser
deixa atrás
todo temor
e toda dúbida
 sobre
o amor que os demais
poidan
sentir
por
un.



5. MICRÓNS DE RABIA PERO NON DE IMPOTENCIA

1. TRAIO ROSAS PARA TI / POIS LÉVAAS DE VOLTA, QUÉDANME PEQUENAS.
2. A FALTA DE PAN BOAS SON NÉCORAS.
3. ANTES MORTA QUE CRÉDULA.
4. O PARAÍSO É PARA ISO E PARA ISTO.
5. NOMÍNAME ANÓNIMA.
6. PIZZA CATRO ESTACIÓNS SEN VIVALDI

   OUTONO: ENSAIO XERAL DO GRAN ENGANO- NEGOCIO
   INVERNO: MENTIRAS TITIRITEIRAS.
   PRIMAVERA: DUCHA DE ALFINETES EN PUNTA.
   VERÁN: AUSENCIA DE INDICATIVO

7. VÉNDESE / CÓMPRASE MEL DE ABELLAS ESCÉPTICAS EN PARO VACA-CIONAL E VOCACIONAL. HAI ALTERNATIVAS MOITO MÁIS LUCRATIVAS AÍNDA QUE UN CHISCO SINTÉTICAS.
8. BOTANDO FUME = FUME(G)ANDO / HAI QUE BOTALOS
9. OFTALMOLOXÍA POEIRENTA: OS TEUS OLLOS GRÁVIDOS A OLLÁRENME BABANDO A TANTOS EUROS A HORA DE VISIONADO.
10. CANTO GAÑAS CON ISO? UNHA MOREA DE CUARZOS DE PLÁSTICO.
11. PÁSAME UN GUSANO ANTES DE VERME. ESTAREI AUSENTE ATA O DÍA EN QUE ME PERDAS.
12. REI XORDO-----PRÍNCIPE MUDO.
13. CACASTÚAS: CACACOLAS ASASINAS-----LACACAÓTICA
14. LATAS DE CUSPE PARA OS EXPLOTADORES DA IMAXE ALLEA.
15. O MEU MAR DE NOXO SERÁ A MOTO ONDE POIDAS AFOGAR EN SECO RODEADO DOS TEUS DIVIDENDOS-----A UN CERTO TANTO POR CENTO.
16. MOTOSERRAS SEN DINAMO PROPIA: XIGANTISMO DOS ANANOS.
17. A REISEÑOR MORTO REISEÑORA POSTA
18. O FUTURO MORREU VIVA O FUTURISMO



6. MOI LONXE DO IMPERIO DO SOL

E-MAIL R-EVOLUSION

MANIFESTO PERSOAL INTRANSFERIBLE SUBXECTIVOPOÉTICO E SÓ VÁLIDO COMO RESPOSTA PERSOAL Á REVOLUCIÓN

   1. ABOLICIÓN DE TODO DESEXO, PENSAMENTO, PALABRA OU OBRA DESTINADO Á DEPREDACIÓN
   2. AMOR INCONDICIONAL A TODA PERSOA QUE NON TEÑA TEMOR DE AMOSARSE A SI MESMA TAL E COMO COIDA QUE É
   3. DESPREZO E DENUNCIA PÚBLICA DE TODA ACTITUDE PORNOGRÁFICA QUE COMERCIE CO CORPO HUMANO E CO SEXO ENTRE SERES VIVOS
   4. ANULACIÓN DE CALQUERA TEXTO OU COMUNICADO QUE ALBERGUE ABSURDA PRETENSIÓN DE MARCARME PAUTAS DE VIDA
   5. PETICIÓN REITERADA DO PECHE INMEDIATO DE TODAS AS FÁBRICAS DE CARNE, INCLUÍDAS AS GRANXAS MENTAIS.
   6. ABOLICIÓN DO TRABALLO FONTE DE ABORRECEMENTO
   7. EXALTACIÓN DO TRABALLO CREATIVO E SEN PATRÓNS
   8. COMPAIXÓN SEN FISURAS POR TODAS AQUELAS PERSOAS QUE SOFREN ANANISMO MENTAL PERMANENTE E QUE INSISTEN EN PERMANECER NEL TODA A SÚA VIDA
   9. DENUNCIA PÚBLICA SEN FISURA E SEN TREGUA DE CALQUERA TIPO DE EXPLOTACIÓN
  10. FÉ INQUEBRTANTABLE NA BONDADE E TENDENCIA Á FELICIDADE DE TODOS OS SERES VIVOS
  11. INTRANSIXENCIA ABSOLUTA COS DÉSPOTAS E MISERABLES DE PENSAMENTO, PALABRA OU ACCIÓN
  12. DEFENSA INCONDICIONAL DA CAPACIDADE DE TODOS OS SERES VIVOS PARA DESENVOLVEREN A SÚA POTENCIA VITAL
  13. REXEITAMENTO VISCERAL DE TODA ÓPTICA EGOÍSTA QUE SÓ ANDE Á PROCURA DO LUCRO PERSOAL, IGNORANTE DE QUE TODA ACTIVIDADE QUE XERE BENEFICIO SÓ PARA UNS CANTOS ESTÁ XERANDO MISERIA PARA TODOS OS DEMÁIS
  14. DESPREZO POLO COLECTIVISMO: COMEDORES COLECTIVOS, DORMITORIOS COLECTIVOS, GRANXAS DE SEXO COLECTIVO, ALECCIONAMENTO, ETC.
  15. DEFENSA INCONDICIONAL DA PERSOA, SOBERANA DE SI MESMA,FRONTE AO INDIVIDUO SEN CARA QUE ENGROSA MASAS ANÓNIMAS
  16. USO DE TODA A MIÑA ENERXÍA CREATIVA PARA CONTRIBUÍR A QUE A HUMANIDADE COBRE CONCIENCIA DA SÚA GRANDEZA, ESMAGADA POLA HISTORIA DOS DEPREDADORES
  17. DEFENSA INCONDICIONAL DA TERRA, COMO ÚNICO UNIVERSO VIABLE E POSIBLE MENTRES GOCE DE VIDA
  18. ACEPTACIÓN DA ENTREGA PERSOAL ATA O SACRIFICIO SE ISO AXUDA A ALGUÉN A LIBERARSE DAS ATADURAS DE SI MESMO
  19. FUSTIGAMENTO A TODO PENSAMENTO, PALABRA OU OBRA QUE TEÑA AFÁN COLONIZADOR
  20. RESPECTO POR TODOS OS PUNTOS DE VISTA AÍNDA QUE NON OS COMPARTA
  21. ESQUECEMENTO ABSOLUTO DE TODO TRAUMA PASADO
  22. ADESTRAMENTO PERMANENTE PARA EVITAR QUE SE ME INFRINXAN A MIN OU AOS DEMÁIS TRAUMAS NO FUTURO. CAPACITACIÓN TOTAL Á SOBERANÍA DO PRESENTE.
  23. DENUNCIA DE TODA POLÍTICA ESPIRITISTA, OCULTISTA, CONSPIRATIVA, FETICHISTA, SEUDOMÁXICA OU TABERNARIA
  24. DEFENSA DA TRANSPARENCIA DIÁFANA EN TODA XESTIÓN QUE IMPLIQUE AOS DEMÁIS


TEIS. 21 DE MAIO DE 2011, QUE ESTÁ EMPECINADO EN PASAR COMO UN TEMPO DE GLORIA Á HISTORIA XERAL CONTRA A INFAMIA

Firma: Sara Ares Cambeiro. localizables en e desde amarellesbravos.blogspost.com
Grazas a poesia salvaxe por estardes aí.

Escribir un comentario

Este sistema facilita la interactividad y suma de pensamiento colectivo. los mensajes cuyo sentido es destruir este principio, son eliminados


Código de seguridad
Refescar